luns, 9 de abril de 2018

As minas do Bedures


Concello: A Veiga                                                                               
Lugar: A Espía
Distancia 11,5 km
Como chegar:   Estrada AS-22 da Veiga á Garganta,  no quilómetro 10

Percorrido:  Sáese pola estrada que vai a Nafarea, quedando o pico de Bedures á esquerda, á dereita está a Barranca de Paramios, e logo a casona de Vixande, e ao fronte a serra da Bobia. Ao cabo de un cuarto de hora atópase a primeira boca de mina, á esquerda da estrada, e u pouco máis baixa o que lle impide desaugar.
            Déixase a estrada na segunda pista que entra á esquerda, (ten unha limitación para vehículos pesados). Agora o paseo é por un camiño ancho, co piso de herba, moi cómodo, abaixo xunto ao Río Suarón queda Nafarea, na outra  vertente está Molexón. Os piñeirais que se atravesan ao principio van deixando lugar para algún acivro, espiños,  e carballos que acabarán dando lugar a un bosque cheo de vida no que destaca a presencia de madroños ou aloliqueiras, como aquí se chaman. Así se chega ata encima da Ferrería de  Meredo, desde onde se ve algún cortín (construcción para protexer os trobos) e ao fondo o lugar  que foi centro das terras chamadas Honor del Suarón. As ruínas do Castelo do Suaron.
            Estando sobre Meredo, cambia a dirección do paseo, aparece o Mondigo, e unha bifurcación, na que se colle á esquerda para regresar por a ladeira leste do Monte Bedures. Un par de quilómetros máis adiante déixase a pista que traíamos para subir á primeira das minas na que se pode entrar. É preciso levar luz. Trátase dun pasadizo, escavado no penedo, con forma perfectamente regular e trazado recto, que ten chemineas de ventilación, que chaman a atención por estar perfectamente trazadas.
Agora o camiño sube ata a boca da mina de mineral de ferro que tamén se pode visitar, se ben  e recomendable non saír das marcas postas por  Raúl.Con un  zig- zag e unha subida forte e corta entre pinos cada vez mais baixos e retorcidos, chégase ao punto máis alto do paseo, onde a panorámica paga o esforzo realizado. Un pouco máis adiante as antenas de T.V. e por último 2´5 km de descenso ata A Espía.
Teresa Díaz Estévez