martes, 10 de abril de 2018

Tol - Valle de San Agustín - Tol


Concellos: Tapia e Castropol

Distancia: 12km, ampliables

Transporte: Coche particular

Percorrido: Indo en cohe a Tol e seguindo as indicación da "Área recreativa El Castañeirón" estamos, a sete minutos, ou oito quilómetros, de Ribadeo, no inicio dunha ruta interesante, por levarnos a un val pouco coñecido e moi fermoso.

O Valle pertence á parroquia da Roda, concello de Tapia
O percorrido mínimo para o paseo son 12km que poden ampliarse canto se queira, seguindo polo val, cara ao sur

Subindo augas arriba polo río de Tol, ao chegar ao mais alto temos o Val á vísta. Comenzamos a baixada e vemos Riocabo entre uns prados, a nosa dereita, seguimos baixando e chegamos a Limayosa, aquí temos a opción de ampliar o percorrido, indo cara ao fondo do val,  ou ben seguir o camiño trazado indo a Reiriz e volver a subir para regresar ao concello de Casropol e pasar por Buenavista, deixando a Peruyeira á nosa dereita.
Seguimos por un tramo que coincide coa ruta das minas e nos volve ao punto de partida.
Teresa Díaz Estévez