Parroquia: Ove
Distancia:12 km
Percorrido: Partindo da piscina municipal, por A Pega e San Xoán, vaise cara á A Palmeira. Ao chegar a este barrio entra en liña recta un camiño que ao achegarse ao río se bifurca; collendo á dereita súbese xunto ao Rego de San Martín, ata o extremo do punto limpo, onde comeza un carreiro que vai por diante das casas da Capela, ata un cruce, na parte alta de Pastoriza.
Indo á esquerda, cara ao leste, éntrase nun monte de eucaliptos ata chegar a unha pista de terra, ancha, vaise por ela , á esquerda ata o primeiro camiño que entra no monte da dereita, para ir a Frieira Vella, e pola estrada á esquerda ata Frieira Nova.
Chegando á primeira edificación, unha casa en ruinas, pequena, éntrase polo camiño que a rodea para regresar á pista ancha de terra e por ela á dereita vaise ao Vilar da Graña, con unha fermosa panorámica da ría.
No camiño asfaltado ao que se chega, cóllese á esquerda para ir á capela do Santo Estebo, na Graña, onde se pode descansar. Entre as casas, e por detrás da última, hai un camiño que vai a uns prados e logo baixa a esquerda, entrando nun bosque, ata chegar xunto a un rego.

Entre voltas, acacias, carballos e algún castiñeiro volve á Palmeira, ao chegar á estrada indo á dereita, un pouco antes dos restos da capela do Bo Xesús, un camiño que foi real, baixa á Vilavella, pasease xunto á ría e súbese entre as casas de este barrio para volver por o cemiterio e A Pega ata a punto de partida en Ribadeo.
Teresa Díaz Estévez